Open Knowledge
Contents

Defining Open in Open Data, Open Content and Open Knowledge

Definición de Coñecemento Aberto 2.1

Versión 2.1

A Definición Aberta dálle ao coñecemento un significado preciso de «aberto», grazas a promover de que calquera poida participar nos bens comúns, e unha garantía de que a interoperabilidade se maximiza.

Resumo: o coñecemento é aberto se calquera, quen quer que for, é quen de o usar, cambiar e compartir - estando suxeito só, e como moito, ás medidas que garantan o coñecemento da súa procedencia e a súa accesibilidade.

Este esencial concepto concorda co de «aberto» no eido software definido como de código aberto e é sinónimo de «libre» tal como establecen a definición de Software libre e a definición de obras culturais libres.

O termo obra empregarase para marcar un traballo ou peza de coñecemento que se comparte.

O termo licenza referirase ás condicións legais nas que se libera un traballo.

O termo dominio público resaltará a ausencia de restricións coma o copyright e similares, sexa ora ben froito de non existiren como unha condición inicial ora ben froito da renuncia delas.

A frases clave “ten que”, “non pode”, “debería” e “podería” deste documento hai que interpretalas como se describen en RFC2119.

1. Obras abertas

Unha obra ten que cumprir coas seguintes obrigas ao ser distribuída:

1.1 Licenza ou estado aberto

A obra ten que estar no dominio público ou dispoñible baixo unha licenza aberta (como se define na Sección 2). Calquera termo adicional que vaia a canda a licenza (como os termos de uso ou das patentes das que dispoña aquel que licenza) non poden contradicir o estado de dominio público do traballo ou calquera outro punto da licenza.

1.2 Acceso

A obra ten que se fornecer na súa totalidade e a prezos que non superen a cantidade lóxica dunha única reprodución da obra, e deben poderse descargar desde Internet sen custos. Calquera información que se precise para cumprir coa licenza (como poderían ser os nomes dos autores, que se precisasen para cumprir cos requisitos de méritos de autores) tamén teñen que ir acompañando o traballo.

1.3 Lexible por máquina

A obra ten que se dar nun formato que os dispositivos electrónicos poidan procesar dun xeito sinxelo e no que cada peza da obra estea accesible e modificable.

1.4 Formato aberto

A obra ten que ser fornecida nun formato aberto. Un formato aberto é todo aquel que non pon trabas ao seu uso, monetarias ou de calquera outra forma, e que se pode editar ao completo con cando menos unha ferramenta de software de código aberto e libre.

2. Licenzas abertas

Unha licenza debe de ser compatible con outras licenzas.

Unha licenza é aberta se os seus termos satisfán as seguintes condicións:

2.1 Permisos que se requiren

A licenza ten que permitir (ou facilitar) de xeito irrevogable o seguinte:

2.1.1 Uso

A licenza ten que permitir o libre uso da obra suxeita á licenza.

2.1.2 Redistribución

A licenza ten que permitir a redistribución da obra suxeita á licenza, incluíndo a súa venda, ben sexa ao completo ben como parte dunha colección que acolla diferentes traballos de diferentes fontes.

2.1.3 Modificación

A licenza ten que permitir a creación de derivados da obra suxeita á licenza e permitir a distribución deses derivados baixo os mesmos termos cá licenza orixinal da obra.

2.1.4 Separación

A licenza ten que que permitir que calquera parte do traballo se poida usar libremente, distribuír ou modificar por separado de calquera outra parte da obra, ou de calquera outra colección de obras da que orixinalmente formase parte. Todos aqueles que reciban calquera obra que conteña algunha parte suxeita aos termos dunha licenza orixinal deberían ter os mesmos dereitos que os que se conceden en conxunto coa obra orixinal.

2.1.5 Compilación

A licenza ten que permitir que a obra suxeita á licenza se distribúa a canda outros traballos sen que iso supoña unha restrición para as demais obras que se distribúen con ela.

2.1.6 Libre de discriminación

A licenza non pode discriminar a ningún tipo de persoa ou grupo social.

2.1.7 Distribución

Os dereitos que se lle asignaron á obra teñen que ser os mesmo, sexa quen sexa a persoa que a recibe e sen que se lle obrigue a aceptar ningún termo legal a maiores.

2.1.8 Uso con calquera finalidade

A licenza ten que permitir o uso, distribución, modificación e a recolleita de obras para calquera fin. A licenza non lle pode restrinxir a ninguén a liberdade de uso para un campo ou finalidade concreto.

2.1.9 Sen custes

A licenza non pode impoñer ningunha taxa tributaria, arancel ou outro tipo de compensación ou entrega dunha contía monetaria como parte das condicións.

2.2 Condicións aceptables

A licenza non pode limitar, poñer en dúbida ou rebaixar os permisos que aqueles aos que obriga a Sección 2.1 agás nas seguintes condicións, nas que si se pode:

2.2.1 Atribucións

A licenza podería obrigar a que as distribucións da obra inclúan a atribución aos autores, aos titulares de dereitos e aos patrocinadores ou creadores sempre e cando esas obrigas non sexan opresoras ou desmesuradas.

2.2.2 Integridade

A licenza podería obrigar a que as modificacións das obras baixo licenza impoñan unha numeración de versións a partir da obra orixinal ou a que se indiquen os cambios feitos sobre desta.

2.2.3 Compartir do mesmo xeito

A licenza podería obrigar a que a distribución da obra siga coa mesma licenza ou unha licenza similar.

2.2.4 Avisos

A licenza podería obrigar a manter as notas de copyright e de identificación da licenza.

2.2.5 Fonte

A licenza podería obrigar a que a distribución da obra indique que os receptores teñen unha forma da obra preferida sobre da que facer modificacións.

2.2.6 Prohibicións de restricións técnicas

A licenza podería obrigar a que os distribuidores da obra as manteñan libres de calquera implementación técnica que impida exercer calquera dos outros dereitos de uso da obra.

2.2.7 Fóra da agresión

A licenza podería obrigar aos que cambien a obra que lle garantan ao público dereitos adicionais (por exemplo, licenzas de patentes) que estes precisen para poder exercer os dereitos que a licenza outorga. A licenza tamén pode condicionar os permisos de non agresión contra a quen a licenza acolle con respecto ao exercicio dos dereitos permitidos (de novo como exemplo, os litixios de patentes).


A Defición Aberta xorde da definición do Código libre, que na súa orixe nace das guías de Software libre de Debian, e do Contrato social de Debian, da que son parte e que foron creadas por Bruce Perens e os desenvolvedores de Debian. Máis en diante Bruce empregou o mesmo texto para crear a definición de Código libre. Así é que esta definición está fundada en gran medida deses documentos e retén o espírito dos seus principios. Richard Stallman foi o primeiro en puxar polas ideas da liberdade de software, e coas que nós seguimos.