Version: 1.0
Considérase que o termo coñecemento inclúe:
O software queda excluído a pesar da súa importancia porque xa foi abordado en traballos previos.
O termo obra empregarase para denominar calquer elemento de coñecemento a tratar
O termo paquete tamén se pode empregar para denotar unha colección de obras. Óbviamente este paquete pode ser considerado unha obra en si mesma.
O termo licencia fai referencia á licenza legal mediante a cal ofrécese a obra. Onde non exista ningunha licenza interpretarase que fai referencia ás condicións legais baixo as que se proporciona a obra.
Unha obra é aberta se a súa forma de distribución satisfai as condicións seguintes:
A obra debe estar dispoñíbel integralmente e só a un custo de reprodución razoable, preferiblemente por medio dunha descarga gratuíta en Internet. A obra tamén debe estar dispoñíbel nunha forma convinte e modificábel.
A licenza non debe restrinxir a ninguén a posibilidade de vender ou distribuír a obra en si mesma ou formando parte dun paquete feito de obras de fontes diversas. A licenza non debe esixir un pago ou outro tipo de cota para esta venda ou distribución.
A licenza debe permitir facer modificacións e obras derivadas e debe permitir que estas sexan distribuídas nas mesmas condicións que a obra orixinal. A licenza pode impor algún tipo de requirimento no que atinxe ao recoñecemento e á integridade: mirar o principio 5 (Recoñecemento) e o principio 6 (Integridade) debaixo.
Débese proporcionar a obra de xeito que non exista ningún obstáculo tecnolóxico para executar os actos mencionados anteriormente. Isto pódese conseguir ofrecendo a obra nun formato de datos aberto, por exemplo un formato cuxa especificación estea dispoñíbel publicamente e de forma gratuíta e que para o seu uso non se impoña ningunha restrición de tipo monetario ou outras
A licenza pode esixir como condición para a redistribución e a reutilización o recoñecemento dos contribuíntes e creadores da obra. Se se impón esta condición, non debe ser de xeito onerosa. Por exemplo de esixir un recoñecemento, a obra debería ir acompañada dunha lista daqueles que hai recoñecer.
A licenza pode requirir como condición para que a obra poida ser distribuída con modificacións que a obra resultante teña un nome diferente ou inclúa un número de versión diferente ao da obra orixinal.
A licenza non debe discriminar a ningunha persoa ou grupo de persoas.
A licenza non debe restrinxir a ninguén facer uso da obra nun eido de traballo específico. Por exemplo, non pode restrinxir o uso da obra nun negocio, ou que esta sexa empregada para investigación militar.
Os dereitos adxuntos á obra deben aplicarse tamén a calquera persoa a quen lle sexa redistribuída sen necesidade de que esta execute unha licenza adicional.
Os dereitos adxuntos á obra non deben depender de que a obra forme parte dun paquete particular. Se a obra se extrae dese paquete e emprégase ou é distribuida nas condicións da licenza da obra, todos aqueles a quen lles sexa redistribuída deberán ter os mesmos dereitos que os concedidos conxuntamente co paquete orixinal.
A licenza non debe impor restricións noutras obras distribuídas conxuntamente coa obra obxecto da licenza. Por exemplo, a licenza non debe impor que todas as outras obras que se distribúan polo mesmo medio sexan abertas.
Translated by Fernando Garrido